Vostok 6 foi o nome da sexta misión tripulada da Historia e na que voou a primeira muller no espazo, Valentina Tereshkova. Foi lanzada pola Unión Soviética o 16 de xuño de 1963 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur. Foi tamén o último voo dunha nave Vostok.

Características A misión de Vostok 6 foi realizar a sexta misión orbital tripulada da Historia, coa primeira muller en viaxar ao espazo, e o segundo voo en formación xunto coa Vostok 5. A Vostok 5 foi lanzada en primeiro lugar, e a 6 dous días máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade e as diferentes respostas dos corpos masculino e feminino á falta de gravidade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 6 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Bykovskiy na Vostok 5 e Tereshkova na 6, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A nave regresou á Terra o 19 de xuño de 1963 ás 8:20 GMT, na rexión de Karaganda. Ningunha outra muller soviética viaxaría ao espazo nos 19 anos seguintes, ata o voo de Svetlana Savitskaya.

Véxase tamén

Outros artigos Vostok 1 Vostok 2 Vostok 3 Vostok 4 Vostok 5 Vostok (nave espacial)

Notas

Categoría:Programa Vostok