Sofía Fernández Castañón, coñecida como Sofía Castañón, nada en Xixón o 1 de novembro de 1983, é unha poeta, escritora, realizadora audiovisual e política asturiana. Traballou en prensa escrita, televisión e radio e recibiu varios premios de poesía. Dende xaneiro de 2016 é deputada de Podemos por Asturias na XI e XII Lexislaturas do Congreso, é voceira da Comisión de Igualdade e da Subcomisión de Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. O 18 de febreiro de 2017, foi elixida secretaria de Feminismos Interseccional e LGBTI da Executiva de Podemos. Dende febreiro de 2017 é membro do Consello Estatal de Podemos.
Traxectoria Un dos seus avós era capataz de minas e a súa familia procede da Conca del Caudal. Filla da escritora asturiana Laura Castañón, medrou rodeada de libros. Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Oviedo e compaxina a súa actividade poética pola que recibiu varios premios co seu traballo xornalístico e con talleres de escritura creativa. Ten publicados varios libros de poesía en castelán e asturiano, polos que recibiu premios como o Asturias Joven en 2006, o Pablo García Baena de Poesía Joven en 2007 ou o Nené Losada Rico en 2009.
De 2009-2010 foi bolseira de creación do Concello de Madrid na Residencia de Estudantes e foi unha dos poetas Voz + Nova 2010 da Casa Acesa.
Publicacións Poesía En castelán Animales interiores (Premio Asturias Joven 2006, Trabe 2007), Últimas cartas a Kansas (Premio Pablo García Baena 2007, La Bella Varsovia 2008), La noche así (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2012), La otra hija (Suburbia Ediciones, 2013) Prohibido silbar (Baile del Sol, 2014)
En asturiano Tiempu de render (Premio Nené Losada 2009, Trabe 2010) Destruimientu del xardín (Hesperya, 2012)
Antoloxías Hank Over/Resaca (Caballo de Troya, 2008) 23 Pandoras (Baile del Sol, 2009) Poetas asturianos para el siglo XXI (Trea, 2009) Por partida doble (Trabe, 2009) El libro del voyeur (antólogo e ilustrador: Pablo Gallo, Ediciones del Viento, 2010) Esto no rima (Origami, 2012) Gente de Nod (antóloga: Emma Cabal, fotografías: Alejandro Nafría; KRK, 2016)Ana Lamela e Ape Rotoma: «Gente de Nod », El Cuaderno, 3 de abril de 2017 (consultado o 18 de marzo de 2018).
Plaquettes La sombra de Peter Pan (2009) Culpa de Pavlov (Premio Jóvenes Creadores del Ayto. de Madrid 2008, Colección Resurrección 2012).
Documentais Se dice poeta (2014). Directora
Notas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Filólogos de España