Antonio García Alix, nado en Murcia o 28 de agosto de 1852 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1911, foi un avogado e político español. Foi ministro deInstrución Pública e Belas artes, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e ministro de Facenda e ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria Trala obtención, en 1874, da licenciatura en Dereito, foi admitido en 1877 no Corpo Xurídico Militar, onde permanecería até o inicio da súa carreira política, cando, en 1886, foi elixido deputado por Murcia nas ringleiras do Partido Conservador. Seguiu sendo elixido, nas sucesivas eleccións até 1910.

Foi o primeiro titular do recentemente creado Ministerio de Instrución Pública e Belas artes,López-Ocón (2012), p. 51. que ocupou dende o 18 de abril de 1900 até o 6 de marzo de 1901 no goberno presidido por Francisco Silvela. Máis tarde ía ocupar as carteiras de ministro de Interior entre o 20 de xullo e o 5 de decembro de 1903 nun consello de ministros da que foi presidente Raimundo Fernández Villaverde e ministro de Facenda entre o 27 de xaneiro e 23 de xuño de 1905, de novo no goberno Villaverde.

En 1902 foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, realizando o seu discurso de ingreso sobre o seu paisano Francisco Salzillo. Este mesmo ano, en decembro, foi nomeado Gobernador do Banco de España, cargo no que se mantivo até 1903, cando fora nomeado ministro de Interior. Entre setembro de 1908 e outubro de 1909 ocupou, por segunda vez, o cargo de Gobernador do Banco de España.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España Lista de ministros de Economía e Facenda de España

Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en Murcia Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas