O aeroporto internacional de Fort Lauderdale-Hollywood é un aeroporto estadounidense situado no condado de Broward, en Florida. O aeroporto atópase entre as cidades de elimitando as cidades de Fort Lauderdale, Hollywood e Dania Beach, a 5 quilómetros ao suroeste do centro de Fort Lauderdale e a 34 ao norte de Miami. O aeroporto está preto da terminal de cruceiros de Port Everglades e é popular entre os turistas que embarcan cara ao Caribe. Dende finais dos anos 90, Fort Lauderdale converteuse nunha porta de entrada intercontinental, aínda que o aeroporto de Miami aínda manexa a meirande parte dos voos de longo alcance na zona.

É a base máis grande para Spirit Airlines e é unha cidade focal para JetBlue, Norwegian Long Haul, Allegiant Air e Southwest Airlines. No ano 2016, as cinco primeiras aeroliñas no aeroporto por porcentaxe de mercado foron JetBlue cun 25%, Southwest Airlines cun 19,7%, Spirit Airlines cun 19,4%, Delta Air Lines cun 10,2% e American Airlines cun 6,9%. FLL é o 19º aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos en termos de pasaxeiros, ademais de ser o 14º con máis pasaxeiros internacionsi e un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo. No ano 2017 pasaron polo aeroporto un total de 32 511 053 pasaxeiros, dos cales 7 183 275 foron internacionais.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Fort Lauderdale