O Río Macquarie (en palawa kani: tinamarakunah é o principal río perenne dos Midlands na rexión australiana de Tasmania.

Localización e características O río Macquarie nace en Tooms Lake, preto de Hobgoblin e diríxese até o oeste e logo até o noroeste. Despois, atravesa a vila de Ross e desemboca no río South Esk, preto de Longford. Os seus afluentes son o Tooms, o Blackman, o Elizabeth, o Isis e o Lakerivers. O curso do río presenta unha lonxitude de 189 km.

Tradicionalmente, quen coidaba o val do río Macquarie eran os membros do Tyerrernotepanner, un clan dos Midlands do Norte. Estes eran un pobo nómade que atraversaba o país desde Central Plateau até Eastern Tiers, se ben non hai elementos que nos indiquen que viviran no Val Macquiarie en Ross, no Ellenthorpe Hall, no Glen Morriston ou no Tooms Lake/moyentaliah.

Notas

Categoría:Xeografía de Australia