Travel Service, a.s. é unha aeroliña chárter checa. É a aeroliña máis grande da República Checa e ten a súa sede no aeroporto de Praga. Opera voos chártes principalmente cara a destinos de vacacións, e tamén aluga avións a outras aeroliñas, tanto con tripulación como sen ela.Tamén opera voos regulares baixo a marca SmartWings. A compañía ten subsudiarias en Polonia, Hungría e Eslovaquia.
Historia Travel Service fundouse no ano 1998. O 18 de setembro de 2007 o Icelandair Group mercou o 50% das súas accións e en abril de 2008 tiña o 80% da compañía. No mes de decembro reduciu a súa participación a un 66% vendendo accións a Unimex. Durante o ano 2009 Icelandair iría desfacéndose do resto das súas accións en Travel Service.
O grupo de investidores chinés CEFC China Energy mantén un 49,9% das accións de Travel Service.
No ano 2017 Travel Service mercou o 44% das accións que Korean Air tiña de CSA Czech Airlines, sumando así o 98% das súas accións. En outubro dese ano anunciouse que Travel Service planeaba cambiar a súa marca dunha aeroliña a un conglomerado, movendo todas as súas operacións á marca SmartWings.
Frota En febreiro de 2018 a frota de Travel Service estaba formada polos seguintes avións (esta lista tamén inclúe todos os avións coa librea de SmartWings, xa que todos eles están operados por Travel Service): thumb|Travel Service cecibiu o seu primeiro Boeing 737 MAX en xaneiro de 2018 thumb|right|Boeing 737-800 de Travel Service + Frota de Travel ServiceAviónEn servizo PedidosPasaxeirosNotasCY TotalBoeing 737-7002—–148148Both in SmartWings liveryBoeing 737-8002631815016817 coa librea de SmartWingsUn coa librea da Rexión de Moravia-Silesia–189189Boeing 737-900ER2—–212212Boeing 737 MAX 8138–189189Con librea de SmartWingsEntregas 2018–2021Total3241 thumb|Boeing 737-800 coa librea de SmartWings
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas da República Checa