Narrow Stairs é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Death Cab for Cutie, publicado o 12 de maio de 2008 no Reino Unido e un día despois nos Estados Unidos a través dos selos Atlantic Records e Barsuk Records.
Editáronse catro sinxelos do álbum: "I Will Possess Your Heart", "Cath...", "No Sunlight" e "Grapevine Fires". "I Will Possess Your Heart" chegou ao número 6 na lista estadounidense Alternative Songs, foi a canción do ano en iTunes UK e foi nomeada nos Grammy ao premio á Mellor canción de rock. "Cath..." e "Grapevine Fires" acadaron o número 10 e 21 na lista Alternative Songs, respectivamente.
Narrow Stairs foi número 1 na lista Billboard 200, sendo o único álbum da banda en acadar esa posición ata a data.
Listaxe de cancións
As dúas últimas demos tamén se incluíron na edición en vinilo do álbum.
Notas
Categoría:Álbums de Death Cab for Cutie Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Chris Walla Categoría:Álbums de Atlantic Records Categoría:Álbums de Barsuk Records