Kenneth McAlpine, nado en Cobham (Surrey) o 21 de setembro de 1920 e finado o 8 de abril de 2023,McAlpine . Obituary, telegraph.co.uk foi un piloto inglés de automobilismo

Traxectoria Participou en sete Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutando o 19 de xullo de 1952. Non logrou puntos de campionato.

Durante o desenvolvemento do Connaught Racing Team baseado en Send in Surrey, McAlpine converteuse nun importante investidor financeiro e gozou de varios triunfos como propietario de equipo, incluíndo a memorable vitoria de Fórmula 1 de Tony Brooks en Siracusa, Italia en 1955. O equipo foi finalmente disolto en 1958 e os coches vendidos, incluíndo un ou máis a un xove Bernie Ecclestone.

Despois da súa retirada dos Grandes Premios, McAlpine estableceu un exitoso negocio de cultivo e embotellado de viño inglés e na súa propiedade en Lamberhurst, Kent. Era membro da familia McAlpine que fundou a famosa empresa de enxeñería civil do mesmo nome. Tamén foi membro de The Air Squadron.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Connaught Engineering Connaught Type A Lea-Francis 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0 Connaught Engineering Connaught Type A Lea-Francis 4 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña ARX MON 500 BEL NED GBR ITA NC 0

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Surrey Categoría:Finados en 2023 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Connaught Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Centenarios