A Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018 foi unha carreira ciclista dun día disputada o 28 de xaneiro de 2018 en Australia. Esta foi a cuarta edición da Cadel Evans Great Ocean Road Race e a segunda proba do UCI World Tour 2018.
O corredor australiano Jay McCarthy (Bora–Hansgrohe) liderou un selecto grupo de 24 corredores do que obtivo a vitoria, por diante do italiano Elia Viviani (Quick-Step Floors Team), mentres que o recente gañador surafricano do Tour Down Under 2018 Daryl Impey (Mitchelton–Scott), que tamén continuaba líder do ránking do World Tour.
Percorrido miniatura|300x300px|Ruta desta edición O trazado da proba consistiu nunha primeira parte duns 100 km en ruta seguidos de 4 voltas a un circuíto arredor da cidade de Geelong, lugar onde tamén estaba a saída. Ese circuíto urbano contaba cun repeito de 1,5 km ao 7%. En total, a carreira tivo unha distancia de 164 km. Parte do percorrido tamén foi común ao empregado nos Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2010 que tiveran lugar en Melbourne.
Equipos Como a carreira foi engadida ao calendario do UCI World Tour no 2017, tódolos UCI WorldTeams foron invitados á proba, pero non obrigados a correr nela. Como resultado destas decisións, 12 dos 18 WorldTeams competiron na Great Ocean Road Race, 4 menos ca na edición anterior. Tres equipos Profesionais Continentais competiron – tamén un menos que no 2017. Ademais, unha selección nacional australiana completou o pelotón de 16 formacións.
UCI WorldTeams Equipo País Código AG2R La Mondiale ALM BMC Racing Team BMC Bora-Hansgrohe BOH Team Dimension Data DDD Team Katusha-Alpecin KAT LottoNL-Jumbo TLJ Lotto-Soudal LTS Mitchelton-Scott ORS Quick-Step Floors QST Team Sky SKY Team Sunweb SUN Trek-Segafredo TFS
Equipos invitados Equipo País Código Aqua Blue Sport ABS Israel Cycling Academy ICA Roompot–Nederlandse Loterij ROO Selección nacional
Clasificación PosCiclistaDorsalEquipoTempoPts1º Jay McCarthy14Lotto-Soudal4 h 04' 00"3002º Ella Viviani31Quick-Step Floorsm.t.2503º Daryl Impey61Mitchelton-Scottm.t.2154º Dries Devenyns32Quick-Step Floorsm.t.1755º Simon Gerrans41BMC Racing Teamm.t.1206º Niklas Arndt1Team Sunwebm.t.1157º Steele Von Hoff153Australiam.t.958º Maurits Lammertink84Team Katusha-Alpecinm.t.759º Enrico Battaglin106LottoNL-Jumbom.t.6010º Lars Bak91Lotto-Soudalm.t.5011º Robert Gesink101LottoNL-Jumbom.t.4012º Owain Doull22Team Skym.t.3513º Pierre Latour71AG2R La Mondialem.t.3014º Koen de Kort52Trek-Segafredom.t.2515º Maarten Wynants102LottoNL-Jumbom.t.20
Carreira feminina Un día antes da carreira masculina, o 27 de xaneiro, disputouse a carreira feminina. Cos mesmos lugares de saída e chegada que os homes, as féminas facían un percorrido de case 110 km ata alcanzar o porto de Geelong.
Clasificación As 5 primeiras corredoras en meta foron as seguintes: PosCiclistaDorsalEquipoTempoPts UCI1º Chloe Hosking31Ale-Cipollini3 h 15' 54"1252º Gracie Elvin4Mitchelton-Scottm.t.853º Giorgia Bronzini42Cylancem.t.704º Audrey Cordon-Ragot25Wiggle High5m.t.605º Katarzyna Pawlowska83Team Virtum.t.50
Referencias
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Ciclismo en 2018