San Brandán de Birr, finado cara ao 573, foi un dos primeiros santos monásticos irlandeses. Foi un monxe e, máis tarde, abade, durante o século VI. É coñecido como "San Brandán o Vello" para distinguilo do seu contemporáneo e amigo de Brandán de Clonfert. Foi un dos Doce Apóstolos de Irlanda, amigo e discípulo de San Columba. A súa festa celébrase o 29 de novembro.
Contexto Nos primeiros anos da Igrexa en Irlanda a tradición druída entrou en declive pola chegada da nova fe. Floreceu o estudo do latín e a aprendizaxe da teoloxía cristiá nos mosteiros. Brandán foi alumno de san Finnian na escola monástica da abadía de Clonard. Durante o século VI, algúns dos máis importantes nomes da historia cristiá de Irlanda estudaron nesta abadía. Dise que o número medio de estudosos na institución chegaba aos 3 000.
Traxectoria Brandán de Birr pertencía a unha familia da nobreza de Munster. Durante a súa estancia en Clonard, Brandán trabou amizade con Ciarán de Saigir e Brandán de Clonfert.
Fundou o mosteiro en Birr no centro de Irlanda cara ao ano 540, servindo como o seu abade. Desde o inicio aparece nos escritos como un home de xenerosa hospitalidade con fama de santidade e a espiritualidade que era un intuitivo xuíz do carácter. Foi considerado un dos principais profetas de Irlanda. Isto evidénciase, tanto no seu título ('Profeta de Irlanda'), e pola súa participación no sínodo de Meltown, no que San Columba foi levado a xuízo polo seu papel na Batalla de Cúl Dreimhne de 561. Brandán falou en nome de Columba, o que levou aos clérigos a condenar a Columba ao exilio, no canto de decretar a súa excomuñón. A súa amizade e apoio con Columba deu lugar a importantes conexións entre as institucións de Birr e o Columba.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 572 Categoría:Doce Apóstolos de Irlanda