Heinrich Ludwig Koppelmann, nado antes de 1928, foi un lingüista alemán. Traxectoria Descoñécense os seus datos persoaisCf. Lars von Karstedt p. 113., só se sabe que Koppelmann publicou numerosos artigos e libros sobre temas lingüísticos desde a década de 1920 ata a década de 1950.
Hipótese da familia lingüística eurasiática Koppelmann presentou en 1928 semellanzas entre as linguas indoeuropeas e outras linguas eurasiáticas, ainu e coreanoHeinrich Koppelmann: Die Verwandtschaft des Koreanischen und der Ainu-Sprachfamilie mit den indogermanischen Sprachen. In: Anthropos. Internationale Zeitschrift für Völker- und Sprachenkunde, Wien 1928.. Baseándose nelas formulou en 1933Heinrich Koppelmann: Die Eurasische Sprachfamilie. Carl Winters Universitätsbuchhandlung, Heidelberg 1933. a hipótese de que, xunto con estas linguas, estarían emparentadas as familias lingüísticas urálica (e, polo tanto, tamén as iucaguiras) e altaica, ademais do nivkh e o sumerio. Así, asumiu partes da hipótese nostrática de Holger Pedersen, excluíndo da súa hipótese as semíticas (e, polo tanto, as modernas afroasiáticas). O semita está emparentado máis de lonxe coa familia eurasiática. A este respecto, Koppelmann pode ser considerado como o precursor de Joseph Greenberg, coa súa moi similar hipótese eurasiática. Greenberg, ao parecer, chegou de forma independente a unha agrupación moi semellante, cando presentou en 1987 a súa hipótese eurasiática por primeira vezJoseph Greenberg: Language in the Americas. Stanford University Press 1987.. Só na súa última publicación de 2000/2002Joseph Greenberg: Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 1, Grammar. Stanford University Press 2000.Joseph Greenberg: Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 2, Lexicon. Stanford University Press 2002. se refire a Koppelmann (1933) como fonte bibliográfica.
É digno de resaltar que Koppelmann 1933 non só enumera semellanzas gramaticais e léxicas, senón que tamén as apoia en propostas de leis fonéticas. Nisto está a diferenza entre o seu traballo e o eurasiático de Joseph Greenberge. Greenberg, pola súa banda contemplou o xaponés como pertencente a esta familia, pero Koppelmann, baseándose nos totalmente diferentes numerais, e por falta de coñecidos pronomes persoais comparábeis non contou o xaponés entre ese grupo lingüístico.
A hipótese eurasiática non atopou grande aceptación, en particular os coreanistas atoparon numerosos erros. Tampouco os defensores do nostrático seguiron as ideas de Koppelmann, antes de que Greenberg chegase a resultados similares. Máis recentemente, os investigadores do nostrático (por exemplo Allan Bomhard) téñense aproximado ao eurásico/eurasiático. O coreanista alemán André Eckardt intentou demostrar a tese de que o coreano é unha lingua indoeuropea, pero no atopou aceptación ningunha. Notas
Véxase tamén Bibliografía Lars von Karstedt: lingua e cultura. Unha historia da etnolingüística alemá. Disertación, Hamburgo, 2004, p. 113 f Outros artigos
Holger Pedersen Joseph Greenberg Macrofamilia lingüística Lingua nostrática
Ligazóns externas
Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Finados en ano descoñecido