Rafael Lobelle González, coñecido como Rafa Lobelle, nado en Vilameá (Santa Cruz de Viana, Chantada) o 16 de outubro de 1988, é un profesor, poeta e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesor no ensino secundario no instituto de educación secundaria CPI Plurilingüe A Picota, en Mazaricos.

Obras Poesía Andar ás apóutegas (2014). Silleda: Edicións Fervenza. 64 páxs. ISBN 978-84-943036-0-9. Portada de Lucía Lobelle. Física Elemental (2018). autoedición ilustrada. 83 páxs. ISBN 978-1980800224. Cotodamina (2019). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788494993169. Río carne (2022). Editorial Tris Tram. 55 páxs. ISBN 978-84-89377-96-7.

Novela Evanxeos Apócrifos (2018). Edicións do Peirao. 186 páxs. ISBN 978-8417393113.

Obras colectivas Ecos dos poetas de Chantada (coordinado por Xosé Lois García. Editorial Niké, 2017). miniatura|Con Helena Fernández nunha palestra en Chantada sobre Memoria históricaDorna n°43. Revista de Expresión poética galega. 2020

Premios 2º Premio Certame Xuventude Crea Consellería Cultura (2012) por Retrincos Fotoxénico. 3º Premio Certame Xuventude Crea Consellería Cultura (2013) por Deus Fretesque Gallaecia. 1º Premio de poesía Díaz Jácome Mondoñedo (2013) por Da retranca dos teus ollos XVIII Premio de poesía Avelina Valladares (2014) Concello da Estrada por Andar ás apóutegas. 1º premio Concurso Relatos O lugar onde vivo. Adega (2015) por Na regueira de Xigonde. 1º Premio de Novela Edicións do Peirao (2018) coa obra Evanxeos Apócrifos. 2º Premio IV Certame de poesía Torre de Caldaloba (2021) coa obra Da carne.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Rafael Lobelle, un aprendiz de poeta", entrevista en Noticieiro Galego. Andar as apóutegas "O Soar das apóutegas", recital poético musical co guitarrista Juan Manuel Vázquez

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1988 Categoría:Profesores de educación secundaria