Na constitución ateniense, o arconte epónimo (ἄρχων ἐπώνυμος / epốnumos Arkhon ou ὁ ἄρχων / ho Arkhon, literalmente "o arconte", sen maior precisión) era o máis importante dos arcontes. Denominábase "epónimo" porque o seu nome era o que se empregaba como referencia anual para os arquivos e os documentos públicos; de xeito moi semellante a como se fará, posteriormente en Roma cos cónsules.

Tiña ao seu cargo a administración civil e a xurisdición pública. Aínda que non se coñecen con exactitude as súas funcións porque adoitaban estar mesturadas dentro do arcontado, semella que se ocupaba do teatro, nomeando mecenas e gañadores de tetraloxías, e que era o titor das viúvas e os orfos e supervisaba os litixios familiares. E que, nas funcións de tipo xudicial, era o encargado polo estado en protexer a aqueles que non se podían defender.Smith 1848, p. 73

A continuación lístanse os arcontes epónimos de Atenas:

Arcontes vitalicios (Medóntidas)

Medonte () (-1068 a -1048). Acasto () (-1048 a -1012). Arquipo (-1012 a -993). Tersipo (-993 a -952). Forbas () (-952 a -922). Megacles () (-922 a -892). Diogneto (-892 a -864). Ferecles (-864 a -845). Arifrón (-845 a -825). Tespios () (-825 a -797). Agamestor (-796 a -778). Esquilo () (-778 a -755). Alcmeón () (-755 a -753).

Arcontes decenais No -753, o arcontado vitalicio (esencialmente unha monarquía) foi limitado a dez anos. -753 a -743 Carops -743 a -733 Esímides -733 a -723 Clídico -723 a -713 Hipómenes -713 a -703 Leócrates -703 a -693 Apsandro -693 a -683 Erixias

Arcontes anuais A partir do -683 o arcontado foi limitado a un ano. Os arcontes eran elixidos entre os areopaxitas.