Occitania (en , en , en ) é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Tolosa, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.
No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión máis extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó leste co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.
Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.
Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.
Toponimia A rexión tivo dende o 2014 ata mediados do 2016 o nome temporal de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos (en francés, Languedoc-Roussillon-Midi-Pyrénées), que foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das antigas rexións de Languedoc-Rosellón e de Mediodía-Pireneos.
O 24 de xuño de 2016, xusto na data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional da rexión adoptou o nome de Occitania (en francés, Occitanie) despois dunha longa consulta pública. O nome procede da rexión histórica e lingüística de Occitania, máis grande que a nova rexión.
Demografía
Notas
Categoría:Occitania (rexión administrativa)