A igrexa de Eksta (sueco: Eksta kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eksta, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura A parte máis antiga da igrexa de Eksta é a torre, que data do século XIII e non cambiou dende a súa construción. O resto da igrexa é tamén da Idade Media, pero foi fortemente reformada no ano 1838. A igrexa aínda ten catro portais medievais, tanto de estilo románico como gótico. O interior é principalmente neoclásico, datando da renovación realizada en 1838. Nas pareces sobreviviron algúns restos de frescos medievais, así como un único panel das vidreiras.

A igrexa foi restaurada durante o ano 2010.

Galería de imaxes

Notas

Eksta