miniatura|249x249px|Vista aérea do Parque Eduardo VII, a Praça do Marquês de Pombal e a Avenida da Liberdade.

A Avenida da Liberdade é unha das principais avenidas da cidade de Lisboa, en Portugal, que une a Praça dos Restauradores coa Praça do Marquês de Pombal. Con preto de 90 metros de ancho e 1100 metros de longo, ten varias calzadas e largos paseos decorados con xardíns e empedrado portugués.

O 18 de xuño de 2013 a avenida foi clasificada como Conxunto de Interese Público.

Historia Despois do terremoto de Lisboa de 1755, o Marquês de Pombal mandou construír o Passeio Público na área que ocupa na actualidade a parte inferior da Avenida da Liberdade e a Praça dos Restauradores. Despois dunha gran polémica, a avenida foi construída entre 1879 e 1886, á imaxe dos boulevards de París. A súa creación foi clave na expansión da cidade para o norte, e converteuse rapidamente nunha referencia para as clases máis acomodadas, que localizaron aquí as súas residencias. Aínda que o seu nome era Passeio Público, nun comezo estaba rodeado por muros e portas por onde só pasaban os membros da alta sociedade. Porén, en 1821, o rei D. João VI ordenou que os muros fosen derrubados para que todas as persoas puidesen circular polo paseo. Pombal aproveitou pequenos regatos que por alí pasaban e, en vez de drenalos ou desvialos, integrounos na ornamentación do paseo. Malia isto, co pasar do tempo, estes foron secando naturalmente ou foran drenados para permitir as construcións que hoxe se encontran na avenida.

Monumentos miniatura|Monumento aos Mortos da Primeira guerra mundial na Avenida da Liberdade. Na avenida existen varios monumentos e estatuas, entre as que destacan:

Estatua de Simón Bolívar, de Arturo R. Aguilero, ofrecida pola comunidade portuguesa de Venezuela a Portugal, 1978 Estatua de Oliveira Martins, de Leopoldo de Almeida, 1952 Estatua de Alexandre Herculano, de Salvador Barata Feyo, 1950 Estatua de Almeida Garrett, de Salvador Barata Feyo, 1950 Estatua de António Feliciano de Castilho, de Leopoldo de Almeida, 1950 Monumento a Rosa Araújo, de Costa Motta, 1936 Monumento aos Mortos da Primeira guerra mundial, de Maximiano Alves e dos arquitectos Guilherme Rebelo de Andrade e Carlos Rebello de Andrade, 1931 Monumento a Pinheiro Chagas, de Costa Motta, 1908

Hoteis e tendas Ao longo da avenida existen varios hoteis, moitos deles de luxo, e tendas de marcas de luxo internacionalmente coñecidas como Cartier, Carolina Herrera, Louis Vuitton, Prada, Dolce & Gabbana, Armani, Gucci, Tod's, Burberry, etc.

Notas

Categoría:Urbanismo de Lisboa