A dor ósea é unha forma debilitante de dor proveniente do tecido óseo. Ocorre en virtude dunha ampla variedade de doenzas e/ou condicións físicas e pode prexudicar severamente a calidade de vida dos pacientes que a sofren.Luger, N. Mach, D. Sevcik, M. Mantyh, P. (2005). Bone cancer pain: From mechanism to model to therapy. Journal of Pain and Symptom Management. 29(5): 32-46. A dor ósea presenta múltiples causas, como un grande estrés físico e doenzas como o cancro.Zwas, T. Elkanovitch, R. George, F. (1987). Interpretation and Classification of Bone Scintigraphic Findings in Stress Fractures. Journal of Nuclear Medicine. 28: 452-457.Mantyh, P. Clohisy, D. Koltzenburg, M. Hunt, S. (2002). Molecular Mechanism of Cancer Pain. Nature Reviews: Cancer. 2: 201-209. Sábese, hai moitos anos, que os osos son innervados por neuronas sensoriais, pero a anatomía exacta desa innervación aínda permanece escura debido ás propiedades físicas contrastantes do óso e do tecido nervioso.McCredie J (2007). Nerves in bone: the silent partners. Skeletal Radiology. 36: 473–475. Porén, até recentemente non se determinara cales son os tipos de neuronas que innervan cada parte do óso.Mach, D. Rogers, S. Sabino, M. Luger, N. Schwei, M. Pomonis, J. Keyser, C. Clohisy, D. Adams, D. O’leary, P. Mantyh, P. (2002). Origins of skeletal pain: Sensory and sympathetic innervation of the mouse femur. Neuroscience. 113(1):155-166. A capa perióstea do tecido óseo é altamente sensíbel á dor e unha causa importante da dor ósea en varias condicións patolóxicas, como en fracturas, osteoartrite etc. Porén, en certas doenzas, o endósteo e o suprimento nervioso do sistema de Havers parece desempeñar un papel importante, como na osteomalacia, na osteonecrose, entre outras.

Notas

Categoría:Síntomas Categoría:Esqueleto