miniatura|250px|Conduto galactóforo (número 6). Un conduto mamario (tamén coñecido como conduto galactóforo e en latín, galactophorous ducts) é un dos numerosos condutos que transportan leite dende os lóbulos mamarios á mamila.

A glándula mamaria consta de dous elementos fundamentais:

Os acinos glandulares, onde se atopan as células produtoras de leite. Os ductos, conxunto de estruturas arboriformes ou ramificadas, tubulares e ocas, cuxas luces conflúen progresivamente en canalículos máis e máis grosos até terminar nun dos doce a dezaoito galactóforos. Os galactóforos son dilatacións ductais a modo de reservorios situados inmediatamente por detrás da mamila.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lactación

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Sistema glandular