Esposa é un grupo galego de música pop formado en 2014 en Santiago de Compostela. Está formado por Mar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra). O seu estilo musical foi definido "entre o C86 e o garage minimalista"Esposa en La Fonoteca ..

Historia O grupo ten a súa orixe en 2014, nun acompañamento para a poeta Eba Reiro por parte de Cibrán e Xacobe, co nome de Eba Reiro y Esposa.

En 2016 editaron o EP Señor de, autoeditado, con portada de Leo Sousa. En 2017 publicaron o disco Xardín interior, que incluía as catro cancións de Señor de. O disco, producido por Bobby Perú e con portada de Mar Catarina, foi gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow). O disco inclúe unha versión de Fantasmage, "Vaciada", no que Ibán Pérez toca a trompeta e sintetizadores.

En 2017 representaron Galiza no festival Suns Europe, dedicado ás artes escénicas en linguas minoritarias, que se celebrou en Udine"O pop rítmico de Esposa representa Galiza no Suns Europe" , Sermos Galiza, 23 de novembro de 2017..

Discografía Señor de (EP, 2016; autoeditado)Señor de, en Bancamp.Señor de, en La Fonoteca. Xardín interior (2017; Prenom)Xardín interior, en Bancamp.Xardín interior, en La Fonoteca. É o que hai (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club) Belo horizonte (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club)

Notas

Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 2014