Gerard Carlton "Pete" Lovely, nado en Livingston (Montana) o 11 de abril de 1926 e finado en Tacoma o 15 de maio de 2011, foi un piloto de carreiras e empresario estadounidense.
Traxectoria O 9 de novembro de 1957, Lovely gañou a primeira carreira realizada en Laguna Seca, pilotando un Ferrari. Lovely participou en 11 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 10 de maio de 1959. Non logrou puntos de campionato. Foi coñecido principalmente na súa carreira de Fórmula Un por competir con varios automóbiles privados en eventos do Campionato do Mundo (normalmente participou baixo a bandeira de "Pete Lovely Volkswagen"), incluíndo un híbrido feito a partir dun Lotus 69 de Fórmula 2 equipado cunha especificación de Fórmula Un, 3.0L Cosworth DFV motor V8. Logo da súa retirada de Fórmula Un, participou en varios tipos de carreiras nos Estados Unidos ata os anos 80. A andaina nas carreiras de Lovely durou máis de 50 anos, e continuou participando nos eventos Vintage e Históricos nos anos 2000.
Carreira profesional Lovely inaugurou "Pete Lovely Volkswagen", un concesionario de Volkswagen en Fife, Washington en 1954 e dirixiuno durante 34 anos. Tamén foi propietario de "Pete Lovely Racing" que restauraba coches de carreiras vintage.
Lovely morreu en Tacoma, Washington.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos Team Lotus Lotus 16 Climax 4 en liña MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0 Fred Armbruster Cooper T45 Ferrari 4 en liña ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA NC 0 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE ITA CAN USA MEX NC 0 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX NC 0 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 69 Special Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Montana Categoría:Finados en 2011 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans