Gennady Gennadyevich Golovkin (), nado en Qarağandı o 8 de abril de 1982, coñecido tamén cos alcumes "GGG" ou "Triplo G", é un boxeador kazakh, campión mundial de peso medio da WBA, WBC, IBF e mais do IBO. Dende xaneiro de 2018 a TBRB considérao o mellor peso medio do mundo en activo, mentres que para a revistaThe Ring mais para BoxRec é o segundo mellor. The Ring consíderao o mellor xogador libra para libra"Ratings" . The Ring, 31 de xaneiro de 2017, aínda que é segundo para ESPN; e cuarto por BoxRec"Ratings" . BoxRec BoxRec, 19 de marzo de 2017. e TBRB"P4P" . Transnational Boxing Rankings Board], 19 de marzo de 2017..
Traxectoria Como afeccionado Golovkin gañou unha medalla de ouro na división de peso medio no Campionato do Mundo de 2003 e representou a Kazakhstán nos Xogos Olímpicos de 2004 gañando unha medalla de prata.
Xa como profesional o seu primeiro gran campionato do mundo, logrou ao facerse co título interino da WBA dos medios ao derrotar a Milton Núñez en 2010. A WBA elevouno ao status de campión regular no mesmo ano, e en 2011 gañou o título IBO dos medios, que permanecía vacante, ao derrotar a Lajuan Simon. En 2014 Golovkin adquiriu o status de campión da WBA, e defendeu con éxito os seus títulos contra Daniel Geale. Pouco despois derrotou a Marco Antonio Rubio para engadir o título WBC interino dos medios á súa colección, e logo derrotou a David Lemieux en 2015 para gañar o título IBF dos medios. Despois de deixar Canelo Álvarez vacante o seu título WBC dos medios en 2016, Golovkin accedeu ao status de campión pleno, e dende entón, leva tres dos catro grandes títulos mundiais do boxeo.
Notas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Boxeadores de peso superwélter Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Boxeadores de peso medio Categoría:Medallistas olímpicos en boxeo Categoría:Nados en Qarağandı