dereita|miniatura|Marko en 1970. Helmut Marko, nado en Graz o 27 de abril de 1943 é un expiloto de automobilismo austríaco, actual conselleiro de Red Bull GmbH de Fórmula 1 e xefe do programa de desenvolvemento de pilotos de Red Bull.

Traxectoria Marko era amigo de escola de Jochen Rindt, que se convertería no campionato mundial de Fórmula 1 en . Marko competiu en varias series de carreira, incluíndo 10 Grandes Premios de Fórmula Un en e , pero non conseguiu puntos no Campionato do Mundo.

Tivo máis éxito nas competicións de resistencia, gañando as 24 Horas de Le Mans de 1971, pilotando un Martini - Porsche 917 K con Gijs van Lennep. Durante ese ano fixeron unha marca de distancia que permanecía invicta ata as 24 Horas de Le Mans de 2010 (5.335.313 km, cunha media de 222´304 km/h). (Os cambios na pista reduciron a velocidade media.)

A pesar de estar preocupado pola mala seguridade na Targa Florio, fixo as voltas máis rápidas ao redor do circuíto de montaña de 72 km en Sicilia na carreira de 1972, reducindo máis de dous minutos ao líder en dúas voltas para terminar segundo a so 17 segundos. A súa volta rápida no Alfa Romeo 33 foi de 33 minutos e 41 segundos, cunha media de 128´253 km/h.

Algunhas semanas despois, o 2 de xullo, durante o Gran Premio de Francia de 1972 en Clermont-Ferrand, unha pedra lanzada polo Lotus de Emerson Fittipaldi perforou a viseira do casco de Marko, cegandolle o ollo esquerdo permanentemente e rematando a súa andaina nas carreiras.

Marko converteuse en doutor en Dereito en 1967. Posúe dous hoteis en Graz: o Schlossberghotel e Augartenhotel. Foi representante dos pilotos de carreiras austríacos Gerhard Berger e Karl Wendlinger durante algúns anos antes de fundar e dirixir RSM Marko en 1989, un equipo de carreiras que competiu na Fórmula 3 e na Fórmula 3000, correndo baixo o nome de Red Bull Junior Team a partir de 1999. Desde 1999 tamén supervisou o programa de desenvolvemento de pilotos de Red Bull, que dirixiu pilotos como Sebastian Vettel, Daniel Ricciardo e Max Verstappen na Fórmula Un. Desde 2005 foi conselleiro do equipo de Red Bull Racing Formula One.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos Puntos Ecurie Bonnier McLaren M7C Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE NC 0 Yardley-BRM BRM P153 BRM V12 AUT ITA CAN BRM P160 USA Austria-MarlboroBRM BRM P153 BRM V12 ARX RSA ESP NC 0 BRM P153B MON BEL BRM P160B FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at grandprix.com

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Graz Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Austria Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Bonnier Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Red Bull Racing