miniatura|Cunca de leite de coco. O leite de coco é un ingrediente que se obtén mesturando auga con carne ou endospermo de coco maduro triturado.
Non se debe confundir o leite de coco coa auga de coco, xa que a auga atópase de forma líquida e natural na cavidade central do coco, mentres que o leite xérase da polpa triturada. Con aspecto semellante ó leite, a súa cor e sabor atribúese ó seu alto contido de azucres e aceites. Úsase como base de pratos e salsas nas cociñas de Asia e o Caribe.
En Malaisia e Indonesia o leite de coco denomínase santan e en Filipinas denomínase gata.
O leite de coco adoita atoparse na maioría dos supermercados europeos e estadounidenses envasada en lata.
Obtención O proceso tradicional para a obtención do leite de coco divídese en dúas fases. Na primeira rélase a carne de coco e esprémese utilizando trapo para obter un líquido espeso denominado “primeiro leite”. Na segunda parte do proceso, engádese varias veces auga e vaise espremendo co trapo obtendo un leite claro ou “segundo leite”. Ó deixar repousar o leite de coco sepárase e fórmase unha capa máis espesa, chamada “nata de coco” ou “crema de coco”. O coco a utilizar ten que ser maduro, ou relado seco rehidratado, pero non dun coco relado e torrado.
Outro xeito máis sinxela de elaboralo é xerar unha pasta con carne de coco triturado e auga a partes iguais, para filtrala tralo seu repouso.
Os restos secos que quedan tralo proceso denomínanse manteiga de coco, que é soamente coco deshidratado esmiuzado e triturado formando unha manteiga pastosa.
Notas
Categoría:Cocos Categoría:Gastronomía de Colombia Categoría:Gastronomía de Costa Rica Categoría:Gastronomía de Filipinas Categoría:Gastronomía de Indonesia Categoría:Gastronomía de Malaisia Categoría:Gastronomía de Tailandia Categoría:Sucedáneos lácteos