Boops boops (Linnaeus, 1758), comunmente boga, é un peixe mariño da familia dos Espáridos.
Morfoloxía A boga é un peixe de corpo fusiforme e alargado, semellante ao dos clupeidos. O tamaño habitual é de 15–20 cm, aínda que os machos poden chegar alcanzar os 36 cm de lonxitude total.FishBase (en inglés) Ten catro listas lonxitudinais laterais amarelas que percorren o seu corpo. O número de escamas da liña lateral varía entre 60 e 80.
Hábitat Vive en todo tipo de substratos (area, barro, rocas ou herbeiras) ata os 250 metros de profundidade malia que é máis abundante nos primeiros 100 metros. Atópase nas costas do Atlántico oriental (desde Noruega ata Angola, incluíndo as Illas Canarias, Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe), o mar Mediterráneo e o Mar Negro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
ITIS
Categoría:Espáridos