ALMASat 1 (acrónimo de ALma MAter SATellite) é un satélite artificial da Universidade de Boloña lanzado o 13 de febreiro de 2012 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.

Características ALMASat 1 debía ser lanzada mediante un foguete Dnepr en 2005, pero o seu lanzamento foi atrasado e finalmente voou nun foguete Vega. A súa misión foi servir de demostrador tecnolóxico para probar un sistema de micropropulsores de gas frío, validar o seu funcionamento como plataforma para un futuro satélite de observación terrestre e probar un sistema de deorbitación pasivo desenvolvido por Alenia Spazio conxuntamente coa Universidade de Roma. O satélite pesaba 12,5 kg e tiña forma de cubo de 30 cm de lado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vega (foguete)

Ligazóns externas Páxina web de ALMASat 1

Categoría:Satélites artificiais