O Aeroporto Internacional de Entebe (IATA: EBB, OACI: HUEN) é o principal aeroporto de Uganda. Atópase próximo á cidade de Entebbe, á beira do lago Vitoria, a uns 35 km da capital Kampala.

As oficinas da Autoridade de Aviación Civil de Uganda foron recolocados nun novo edificio adxacente ás terminais do aeroporto.

Historia Entebbe foi a localización dunha base de hidroavións a finais da década de 1930, construída polos británicos para facilitar os voos de longa distancia desde Gran Bretaña a Suráfrica e outros lugares.

O 10 de novembro de 1951, o aeroporto foi aberto de novo logo de que se melloraran as súas infraestruturas. A pista 12/30 foi ampliada ata os 2,408 metros para adaptala aos avións de Havilland Comet.

O 7 de febreiro de 1952, Isabel II do Reino Unido colleu o seu voo de regreso a Londres neste aeroporto, logo de ser proclamada raíña trala morte do seu pai Xurxo VI.

No ano 1976, o aeroporto foi o escenario dunha operación de rescate de reféns por parte das Sayeret Matkal israelís, que recibiu o nome de Operación Entebbe, en 1976, tralo secuestro árabe-xermano dun voo de Air France que partiu de Tel Aviv e obtivo permiso de Idi Amin para aterrar en Entebbe. O escenario do rescate foi "o vello aeroporto", que foi recentemente demolido salvo pola súa torre — e que se atopaba contiguo ao "novo aeroporto". 

Plans de modernización: 2015-2033 In febreiro de 2015, o goberno de Corea do Sur, outorgou ao goberno de Uganda unha axuda de 27 billóns de xilins para a modernización do aeroporto. Nese mesmo mes o goberno ugandés comezou a fase do proxecto de ampliación e expansión do proxecto que está prevista que se prolongue ata o ano 2035. O custo aproximado da renovación é aproximadamente de 500 millóns de euros.

Instalacións As instalacións para pasaxeiros inclúen bancos, restaurantes, tendas de duty-free e caixeiros automáticos.

Principais aerolíñas Pasaxeiros

Notas: : Brussels Airlines realiza unha escala nos voos desde Bruxelas en Kigali. Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe. : Ademais dos voos sen escala, algúns dos voos de KLM desde Ámsterdam ata Entebbe realizan unha escala en Kigali. Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe. : Turkish Airlines realiza unha escala nos seus voos entre Estanbul e Entebbe en Kigali.Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe.

Aeroliñas que ofrecen servizos especiais ao pasaxeiro a destinos sen escalas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Operación Entebbe Ligazóns externas Páxina web da Autoridade de Aviación Civil de Uganda Panorama do sector da aviación en Uganda entre 2011 – 2016

Categoría:Aeroportos de Uganda