RAF-Avia é unha aeroliña letoa con sede en Riga e baseada no aeroporto internacional de Riga.
A compañía creouse no ano 1990 como primeira aeroliña privada do país. Comezou a operar en 1991 transportando pezas de reposto e subministracións para a fábrica de autobuses RAF en Letonia. En 1994 RAF-Avia comezou a realizar voos comerciais chárter. En 1996 converteuse nunha sociedade anónima de propiedade privada e no presente pertence na súa totalidade ao RAF-Avia Group.
En agosto de 2016 a aeroliña anunciou que basearía dous avións no aeroporto de Frankfurt-Hahn para operar voos chárter dende alí.
Frota En maio de 2018 a frota de RAF-Avia estaba formada polos seguintes avións: + Frota de RAF-AviaAviónTotalNotas Antonov An-26 4 ATR 72-200F 1 Saab 340AF 2 Saab 340B 2 9
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Letonia