Homenatge a Teresa é unha canción composta e interpretada por Ovidi Montllor, incluída no álbum A Alcoi (Edigsa, 1974).Información do disco en discogs.com É unha das cancións máis populares do cantautor de Alcoi.
Inspiración Esta canción, dun xeito marcadamente descritivo e emotivo, evoca o papel de Teresa, unha muller desinhibida que iniciaba a todos os rapaces da vila ("tots els xiquets la seguíem" - todos os rapaces a seguían), no coñecemento do mundo do sexo ("i ens donava lliçons d'anatomia" - e dábanos leccións de anatomía) e no rol de destapar todos os grandes misterios e secretos da infancia ("ella ens va dir d'on veníem i que els Reis de l'Orient no existien" - ela díxonos de onde viñamos e que os Reis de Oriente non existían), un rol marcadamente antisocial e transgresor no difícil contexto histórico dunha posguerra na que os tabús e a represión dominábano todo ("va ser la riota pels grans" - foi a chacota dos adultos).Letra da canción en cancioneros.com
O autor declara a súa admiración por esta muller ("ara de gran comprenc tot el que per tu sent" - agora de maior comprendo todo o que por ti sinto) nesta peza intimista, que se converteu nun referente na historia da nova cançó catalana.
Cine A melodía de "Homenatge a Teresa" aparece no filme Sommer vorm balkon (2005), mais a música atribúese a Pascal Comelade sen ningunha referencia a Ovidi Montllor.
Créditos Ovidi Montllor — voz Toti Soler — guitarra flamenca Descoñecido — guitarra flamenca
Outras versións Un fragmento da canción, executado unicamente nun piano, abre e pecha o LP de Montllor Un Entre Tants..., inmediatamente anterior a A Alcoi. Pascal Comelade e Miquel Gil gravaron unha versión con motivo do décimo aniversario do pasamento de Montllor (conmemorado no 2006). José Antonio Labordeta interpretouna en directo, xunto ao propio Ovidi, en 1991; a gravación pode escoitarse no seu LP Tú y Yo y Los Demás, dese mesmo ano. Cesk Freixas Inadaptats no seu disco Homenatge a Ovidi. El Diluvi no seu disco Ovidenques.
Notas
Categoría:Música de Cataluña Categoría:Cancións de 1974