Francisco Pego Pita, nado en Ortigueira o 22 de febreiro de 1868 e finado na Habana o 13 de novembro de 1940, foi un tabaqueiro galego-cubano.
Traxectoria
Emigrou á illa de Cuba en 1882 e entrou a traballar na fábrica tabaqueira Partagás, converténdose no seu xerente en 1906"Breve reseña histórica sobre la fábrica de tabacos Partagás" , Cuba Museo e incorporándose como socio en 1914 compartindo propiedade con Ramón Cifuentes, denominándose a empresa Cifuentes, Pego y Compañía, aínda que mantivo Partagás como a marca dos seus produtos. Á súa fronte mellorou a calidade dos seus produtos e da súa fabricación"Pancho Pego, más que un industrial tabaquero", Galicia Digital, 15 de xullo de 2011, aumentando o prestixio da compañía e dos seus produtos, así como as exportacións aos mercados norteamericano, europeo e asiático. Foi presidente do Centro Gallego de La Habana en diversas ocasións (1925, 1929 e 1931) e tamén da Unión de Fabricantes de Tabaco e Cigarros.
esquerda|miniatura|Francisco Pego Pita no seu despacho.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1868 Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Finados en 1940 Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Empresarios de Cuba