O termo protofeminismo é, ás veces, aplicado a unha persoa que defendía valores semellantes ós actuais valores feministas nunha época na que o termo "feminista" aínda era descoñecido,Botting Eileen H, Houser Sarah L. "Drawing the Line of Equality: Hannah Mather Crocker on Women's Rights". ou sexa, antes do século XX.Cott, Nancy F. 1987.Offen, Karen M. 2000. Porén, a utilidade do termo protofeminista é rexeitada por algúns estudosos modernos.Ferguson, Margaret.

Historia Grecia Antiga O libro cinco de A República de Platón discute o papel da muller. Na República, o estado ideal para as mulleres segundo Platón, sería traballar a carón dos homes, recibir a mesma educación, e igualdade en todos os aspectos do estado. A única excepción envolvendo as mulleres, era traballar en profesións que esixían máis forza física.

Oriente Medio En Oriente Medio durante a Idade Media, un dos primeiros esforzos para mellorar o estatuto das mulleres ocorreu durante o inicio de reformas do islam, que concedeu, ás mulleres, dereitos no casamento, divorcio e herdanza.Esposito (2005) p. 79 Ás mulleres, non era concedido estatuto legal noutras culturas, incluíndo o Occidente, até séculos máis tarde.Lindsay Jones, p.6224 O Dicionario Oxford do Islam afirma que a melloría xeral no estado das mulleres árabes incluía a prohibición do infanticidio feminino e o recoñecemento da humanidade das mulleres.Esposito (2004), p. 339 "O dote, anteriormente considerado como o prezo da noiva pagado para o pai, tornouse un presente nupcial mantido pola esposa, como parte de súa propiedade persoal."Esposito (2005) p. 79Khadduri (1978) Baixo a lei islámica, o casamento xa non era máis visto como un "estado", mais si como un "contrato", en que o consentimento da muller era imperativo.Esposito (2005) p. 79Esposito (2004), p. 339Khadduri (1978) "As mulleres recibiron o dereito de herdanza dunha sociedade patriarcal que tiña anteriormente restrinxidos a herdanza de parentes do sexo masculino."Esposito (2005) p. 79 Annemarie Schimmel afirma que "en comparanza coa posición das mulleres preislámica, a lexislación islámica significou un enorme progreso; as mulleres tiñan dereitos, polo menos de acordo coa letra da lei, para administrar a riqueza que ela trouxera para a familia ou gañara polo seu propio traballo."Schimmel (1992) p.65

Idade Media Protofeministas da Idade Media recoñecidas como importantes participantes no desenvolvemento do feminismo inclúen a María de Francia, Aliénor de Aquitania, Bettisia Gozzadini, Nicola de la Haye, Cristina de Pizán, Edviges de Polonia, Laura Cereta e Malinche.Blain, Virginia, et al.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia do feminismo Cristina de Pizán Mercedes Cabello de Carbonera Vita Christi

Categoría:Feminismo