Ana Hyde (en ), nada en Windsor o 12 de marzo de 1637 e finada en Londres o 31 de marzo de 1671, foi a duquesa de York e Albany como a primeira esposa do futuro rei Xacobe II. Filla de pai avogado, era orixinalmente unha anglicana. Ela casou con Xacobe en 1660 despois de quedar embarazada, mais tamén se afirma que el prometera casar con ela un ano antes. Os dous coñecéronse por primeira vez nos Países Baixos mentres ela vivía no coidado de Ana, princesa real e irmá do duque. A parella tivo oito fillos, porén seis morreron sendo aínda nenos. As dúas que sobreviviron foron María, que sucedeu o pai como raíña despois dos eventos da Revolución Gloriosa de 1688, e Ana, que sucedeu o seu cuñado e se tornou a primeira monarca do Reino de Gran Bretaña.
Filla do común Eduardo Hyde, o casamento de Ana con Xacobe é máis coñecido por xerar moitas polémicas. Deu á luz ó seu primeiro fillo dous meses tras o matrimonio, que obviamente fóra concibido antes da unión. Moitos desaprobaban a decisión do duque de casar con Ana, pero non o seu irmán o rei Carlos II. Outra causa de desaprobación era o nivel de afecto público que Xacobe demostraba pola esposa, como bicala e abrazala, accións consideradas como comportamentos pouco axeitados en público para os padróns do século XVII.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1637 Categoría:Finados en 1671 Categoría:Familia real británica