O castelo de Salvatierra foi unha fortaleza da Serra Morena, no termo municipal actual de Calzada de Calatrava, na provincia de Cidade Real.
Historia
En 1198 foi ocupado por sorpresa polos cabaleiros da Orde de Calatrava, pouco despois da vitoria musulmá na batalla de Alarcos no ano 1195. Tras isto foi asediado polos almohades que o recuperaron en 1211 e isto, entre outros motivos, foi a causa principal da reacción cristiá que desembocou na batalla das Navas de Tolosa no 1212. Trala batalla das Navas de Tolosa o castelo foi reconquistado pola Orde de Calatrava. Notas
Véxase tamén Outros artigos Batalla de Alarcos Batalla das Navas de Tolosa Orde de Calatrava
Salvatierra Categoría:Provincia de Cidade Real