Para a disposición xeométrica, ver '''quincunce. miniatura|Quincunx do obradoiro monetario de Teate (ca. 225-200 a. de C.). Peso: 20,68 g. Anverso: cabeza de Atenea con casco corintio; cinco puntos. Reverso: TIATI, bufo sobre capitel xónico; estrela e cinco puntos, como sinal de valor. O quincunx foi unha moeda de bronce da antiga Roma, da época da República, divisionaria do ás, co valor de cinco onzas (unciae).Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Quincunx". Konrad Klütz, Münznamen und ihre Herkunft. Moneytrend Verlag. Viena, 2004. ISBN 3-9501620-3-8"Quincunx". En Rich, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883.

Historia A palabra quincunx ten a súa orixe no numeral latino quinque, que significa "cinco", e a palabra uncia ("onza"), que significa "un doceavo", xa que unha onza equivalía a 1/12 do ás, que nos seus primeiros momentos pesaba unha libra."Quincunx". En Girod, Joseph. Dictionaire spécial et classique des monnaies, poids, messures, duivisions du temps chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 44. Xa que logo, o quincunx tiña unha equivalencia de 5/12 do ás."Quadrans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 199."Quincunx". En Roman bronze coins . www.monete-romane.com

Tendo en conta que non se adapta ao padrón do resto dos divisores do ás (baseado no sistema doudecimal: sextans, quadrans, triens...), considérase que o quincunx non formaba parte do sistema monetario Romano."Quincunx". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com

A súa emisión foi conxuntural e limitouse á segunda guerra Púnica (218 a 204 a. de C.), en obradoiros monetarios establecidos en Luceria (nos Apeninos do norte), Teate (a actual Chieti), Larinum (na costa sur do Adriático) e no norte de Apulia. miniatura|Quincunx da rexión de Apulia (posterior a 220 a. de C.), do sistema do aes grave (peso: 40,84 g), cos puntos indicativos do valor na característica disposición de quincunce Da mesma maneira que ocorría co resto dos divisores do ás, é frecuente que o quincunx amose entre os seus motivos a súa equivalencia en onzas, mediante cinco puntos grosos."Quincunx". En Forum Ancient Coins. A característica composición deses cinco puntos, á maneira en que aparecen nun dado, deu lugar a que esta composición se coñeza tamén como quincunx ou quincunce. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 (en castelán) Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8

Ligazóns externas

"Quincunx". En CoinArchives. Sistema monetario na República Romana Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso