Fredric Jameson, nado en Cleveland (Ohio) o 14 de abril de 1934 e finado en Durham o 22 de setembro de 2024, foi un crítico e teórico literario de ideoloxía marxista. Traxectoria
Despois de licenciarse no Haverford College en 1954, trasladouse a Europa por un breve período, estudou en Aix en Provence, Múnic e Berlín, onde se puxo ao tanto das últimas tendencias en filosofía continental, incluído o estructuralismo. Ao ano seguinte, volveu aos Estados Unidos para facer o doutoramento na Universidade de Yale, baixo a dirección de Erich Auerbach. Obtivo recoñecemento pola súa análise das tendencias da cultura contemporánea, especialmente despois de publicar o libro Postmodernism, or, the Cultural Logic of Late Capitalism en 1991. Jameson considera o posmodernismo como a claudicación de cultura contra a presión do capitalismo organizado, pensamento que vencella coa súa teoría da posmodernidade.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Marxistas Categoría:Críticos literarios dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1934
Categoría:Finados en 2024