Manuel de Eguilior y Llaguno, nado en Limpias, Cantabria, o 3 de abril de 1842 e finado en Madrid, o 31 de marzo de 1931, foi un avogado e político español. Entre outros cargos, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e ministro de Instrución Pública e Belas Artes e, de novo, de Facenda, outra vez, no reinado de Afonso XIII.

Traxectoria De familia acomodada, estudou dereito na Universidade de Madrid, onde exerceu como avogado e casou con Carmen Avial Llorens.Sazatornil (2008), p. 610 Tras entrar no Partido Liberal, comezou a súa carreira política como deputado por Laredo, Santander, en 1881, renovando a acta de deputado pola provincia nas sucesivas lexislaturas habidas até 1898.

Foi Ministro de Facenda entre o 21 de xaneiro e o 5 de xullo de 1890, e repetiu cargo neste ministerior durante o reinado de Afonso XIII no goberno presidido por Sagasta entre o 15 de novembro e 6 de decembro de 1902. Posteriormente ocupou a carteira de ministro de Instrución Pública e Belas Artes, entre o 31 de outubro e o1 de decembro de 1905 nun goberno presidida por Eugenio Montero Ríos.

Tamén foi gobernador do Banco de España entre outubro de 1897 e marzo de 1899, e posteriormente, entre xaneiro e xullo de 1916.

No Real Decreto do 10 de outubro de 1905 (despachado o 20 de decembro) recibiu o título de conde de Alboxde Atienza (1982), p. 8 pola súa participación, en calidade de comisario real, en tarefas de reconstrución da rexión de Almería despois do diluvio que sufriu en 1891.

O 15 de abril de 1898 foi nomeado senador vitalicio (actas de sesións do Senado do 22 de abril), pola raíña rexente.

Recoñecementos

Gran Cruz da Orde de Isabel II Gran Cruz da Orde de Carlos III

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España Lista de ministros de Economía e Facenda de España

Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos de Cantabria Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid