A selección de fútbol de Bulgaria (en búlgaro: Национален отбор по футбол на България, Natsionalen otbor po futbol na Bŭlgariya) é o equipo representativo do país nas competicións oficiais internacionais deste deporte. A súa organización está a cargo da Unión de Fútbol de Bulgaria (Български Футболен Съюз, Balgarski Futbolen Sayuz), pertencente á UEFA. O seu maior éxito é o cuarto lugar conseguido no Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos.
Historia A selección búlgara rexistrou sete participacións na Copa do Mundo. Debutou no Mundial de 1962 en Chile, onde foi eliminada en primeira rolda, situación que se repetiu en 1966, 1970 e 1974.
No edición de 1986 logrou por primeira vez superar a primeira fase, ao clasificarse como terceira no seu grupo, tras empatar con Italia e Corea do Sur, e caer derrotada fronte á Arxentina. En oitavos de final quedou eliminada ante México, o equipo anfitrión.
No Mundial de 1994, con Dimitar Penev como seleccionador, o equipo realizou a mellor actuación da súa historia nun Mundial, conseguindo alcanzar as semifinais do certame disputado nos Estados Unidos. Cun equipo no que destacaban futbolistas como Hristo Stoichkov, Yordan Lechkov, Krasimir Balakov ou Emil Kostadinov, o equipo venceu na primeira fase a Grecia e á Arxentina, e perdeu contra Nixeria, producíndose un triplo empate no Grupo B. Nos oitavos de final derrotou a México e nos cuartos de final á Alemaña capitaneada por Lothar Matthäus, que era a vixente campioa nese entón. O equipo búlgaro perdeu finalmente en semifinais ante Italia por un marcador de 2 a 1 nun partido con polémica.
Ademais participou en dúas Eurocopas, nos anos 1996 e 2004, sen conseguir pasar da primeira fase en ningunha delas.
Estatísticas Copa Mundial de Fútbol Ano Rolda Posición PJ PG PE PP GF GC 1930Sen participación 1934 1938 1950 Non se clasificou 1954 1958 1962 Primeira rolda 15° 3 0 1 2 1 7 1966 Primeira rolda 15° 3 0 0 3 1 8 1970 Primeira rolda 13° 3 0 1 2 5 9 1974 Primeira rolda 12° 3 0 2 1 2 5 1978 Non se clasificou 1982 1986 Oitavos de final 15° 4 0 2 2 2 6 1990 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1994 Semifinals 4° 7 3 1 3 10 11 1998 Primeira rolda 29° 3 0 1 2 1 7 2002 Non se clasificou 2006 2010 2014 2018 2022 Por disputarseTotal 7/22 33° 26 3 8 15 22 53
Eurocopa Ano Rolda Posición PJ PG PE PP GF GC 1960 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1964 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1968 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1972 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1976 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1980 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1984 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1988 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1992 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 1996 Primeira rolda 11° 3 1 1 1 3 4 2000 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 2004 Primeira rolda 16° 3 0 0 3 1 9 2008 Non se clasificoi 0° 0 0 0 0 0 0 2012 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 2016 Non se clasificou 0° 0 0 0 0 0 0 2020 Por Disputarse 0° 0 0 0 0 0 0Total 2/16 20° 6 1 1 4 4 13
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Unión Búlgara de Fútbol Bulgaria en FIFA.com Bulgaria en UEFA.com
Categoría:Fútbol en Bulgaria Categoría:Selección de fútbol de Bulgaria