Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado na península das Insuas, en Boebre (Pontedeume).
É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Insuas