Once Upon a Time in Hollywood é un filme de 2019 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Producido por Columbia Pictures, Bona Film Group, Heyday Films, e Visiona Romantica e distribuído por Sony Pictures Releasing, é unha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e a China. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Brad Pitt e Margot Robbie. Ambientado en 1969 nos Ánxeles, o filme conta a historia dun actor e o seu dobre de acción, e contén diferentes liñas argumentais como un tributo ós momentos finais da idade dourada de Hollywood.

Once Upon a Time in Hollywood estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de xullo de 2019, e no Reino Unido o 14 de agosto. O filme recadou 374 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu a aclamación da crítica polo guión, dirección, actuación, fotografía, deseño de vestiario, produción e banda sonora. Entre os diferentes premios, foi escollido polo American Film Institute e o National Board of Review como un dos mellores dez filmes do ano. Recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo mellor filme, e gañou os premios de mellor actor secundario (Pitt) e mellor deseño de produción. Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme de comedia ou musical.

Sinopse O filme céntrase no panorama cambiante de Hollywood a finais dos anos 60, cando a industria empezaba a esquecerse dos piares clásicos. Unha estrela dun western televisivo chamada Rick Dalton (DiCaprio) intenta amoldarse a estes cambios ao mesmo tempo que o seu dobre Cliff Booth (Pitt). Porén, a vida de Dalton parece que está ligada a sus raíces de Hollywood: é veciño da actriz e modelo Sharon Tate (Robbie).

Elenco Leonardo DiCaprio como Rick Dalton Brad Pitt como Cliff Booth Margot Robbie como Sharon Tate Al Pacino como Marvin Schwarzs Dakota Fanning como Lynette "Squeaky" Fromme

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Quentin Tarantino Categoría:Filmes sobre cultos Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles