Anne Fausto Sterling, nada en 1944, é doutora en filosofía e profesora de bioloxía e estudos de xénero na Universidade Brown. Participa activamente no eido da sexoloxía e escribiu cumpridamente sobre os campos de bioloxía do xénero, identidade sexual, identidade de xénero e roles de xénero. Esta casada dende setembro de 2004 con Paula Vogel, profesora de Yale e gañadora do Premio Pulitzer de teatro.

Obra Á parte de múltiples artigos, escribiu dous libros para o público en xeral. O primeiro deles, Myths of Gender: Biological Theories about Women and Men, foi editado por primeira vez en 1985 e reeditado en 1992 en Nova York.

O seu segundo libro, Corpos sexuados, é probablemente a súa obra máis famosa. Foi editado orixinalmente no ano 2000 co título Sexing the Body. Gender politics and the construction of sexuality. Neste libro a autora analiza a construción social da identidade de xénero, rexeitando a dualidade masculina/feminina mediante a análise dos estados intersexuados.

Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Sexoloxía