O Ilyushin Il-14 (designación OTAN: Crate) foi un avión soviético bimotor de transporte de pasaxeiros e carga. Voou por primeira vez en 1950 e entrou en servizo en 1954. O Il-14 tamén foi fabricado en Alemaña Oriental por VVB Flugzeugbau, e en Checoslovaquia por Avia como o Avia 14. O Ilyushin Il-14 foi substituído principalmente polo Antonov An-24 e o Yakovlev Yak-40.

Deseño e desenvolvemento O Il-14 desenvolveuse como substituto para o popular Douglas DC-3 e a súa versión de fabricación soviética, o Lisunov Li-2. O Il-14 desenvolveuse a partir do Ilyushin Il-12, que voara por vez primeira en 1945, e planeouse para ser usado tanto en operacións civís como militares. O Il-12 tivo grandes problemas debido ao pobre comportamento dos seus motores. Ademais, teña menos capacidade de carga do planeado orixinalmente (a intención era que levase 32 pasaxeiros e finalmente só podía transportar 18).

O desenvolvemento do Il-14 foi unha gran mellora con respecto ao Il-12, cunha nova á e unha deriva máis ancha. Estaba equipado con dous motores radiais de pistóns de 1 900 cabalos Shvetsov ASh-82T-7.

A produción total do Il-14 foi de 1 345 avións. 1 065 fabricáronse en Moscova de 1956 a 1958 e en Tashkent de 1954 a 1958. Baixo licenza producíronse 80 unidades na Alemaña Oriental por VEB Flugzeugwerke Dresden (FWD) de 1956 a 1959, e 203 in Checoslovaquia por Avia de 1956 a 1960. O modelo demostrou ser robusto e fiable, sendo amplamente usado en zonas rurais con aeródromos mal equipados.

O modelo tamén foi usado pola industria aeronáutica de Alemaña Oriental como avión de proba para o estabilizador horizontal do Baade 152.

Variantes thumbnail|Avia 14FG Il-14: avión bimotor de transporte de pasaxeiros e carga. Il-14FK/14FKM: fotografía aérea. Il-14G: avión de carga. Il-14GGO: investigación xeofísica. Il-14LIK-1/LIK-2: calibración de axudas para a navegación. Il-14LR: recoñecemento no xeo. Il-14M: Il-14P coa fuselaxe alongada, con 14-36 asentos. Il-14P: pasaxeiros con 18-32 asentos. Il-14PS/S: VIP, baseadas no Il-14P. Il-14SI: VIP con maior alcance. Il-14SO: VIP de 18 asentos. Il-14RR: recoñecemento pesqueiro. Il-14T: transporte militar. Crate-C: guerra electrónica.

Variantes con licenza Avia 14: Ilyushin Il-14M fabricado baixo licenza por Avia en Checoslovaquia. Avia 14-24: versión de 24 asentos. Avia 14-32: 32 asentos. Avia 14-40: 40 asentos. Avia 14FG: recoñecemento aéreo. Avia 14T: Ilyushin Il-14T fabricado por Avia. Avia 14S: transporte VIP con seis asentos e un sofá de seis prazas que podía equiparse con tanques de combustible nas puntas das ás. Avia 14 Super: modelo de 1960 con cabina presurizada para 32, 36 ou 42 pasaxeiros equipado con tanques de combustible nas puntas das ás. VEB 14P: Ilyushin Il-14P fabricado por VVB Flugzeugbau en Alemaña Oriental. VEB 14T: VEB 14P convertidos en transportes militares.

Operadores Operadores militares No presente xa non quedan operadores militares do Ilyushin Il-14.

Forza Aérea de Afganistán. 26 unidades foron subministradas a partir de 1955. En 1979 só quedaban 10 aparellos operativos, equipando un único escuadrón.

Forza Aérea de Albania. En 1957 entregouse un Il-14M, arranxándose o interior para convertelo en avión presidencial. O avión operou en Tirana en 1979, e despois foi trasladado a Linas. Ademais, introducíronse un Il-14M, un Avia 14T e un VFB Il-14P. Usados en tarefas de transporte co 7594 Rexemento de Aviación, que a principios dos 90 converteuse no 4020 Rexemento, foron retirados en 2002 debido á falta de pezas de reposto.

Forza Aérea e Defensa Aérea do Exército Popular Nacional. Foron entregados 30 avións, comezando con 11 fabricados por Ilyushin a partir de 1956 e seguidos por 19 exemplares fabricados localmente a partir do seguinte ano. 20 aínda estaban en servizo e 1979, e todos serían retirados e 1990, sen que ningún chegase a operar na Luftwaffe da Alemaña unificada.

Forza Aérea de Alxeria. 12 foron entregados a partir de 1962, sendo o último deles retirado en 1997. Só catro unidades estaban operativas en 1979.

Forza Aérea de Bulgaria. 20 foron entregados dende 1960, incluídos exemplares de Il-14M e de Il-14P fabricados na Alemaña oriental. Os Il-14P retiráronse en 1974, e tan só 4 Il-14M quedaban en servizo en 1979.

A Forza Aérea de Camboxa operaba 2 Il-14 en 1968.

Máis de 50 avións foron operados pola Forza Aérea do Exército Popular de Liberación a partir de 1955, principalmente da variante Il-14M (o Y-6 de produción local non se materializou). Algúns detes tamén foron usados supostamente pola Armada do Exército Popular de Liberación. Os últimos exemplares foron retirado a finais dos 90.

Forza Aérea de Corea do Norte. Uns 15 operaron a partir de 1958 con menos de 10 en servizo en 1979 e sendo o derradeiro retirado en 1998.

Forza Aérea de Cuba. 20 Il-14T foron introducidos en 1961 e usados ata 1992.

dereita|miniatura|Ilyushin Il-14 de fabricación checoslovaca

Forza Aérea de Checoslovaquia. 50 foron operados dende 1958, aínda que a maioría eran de fabricación local estregados a partir de 1968. A meirande parte deles retiráronse antes da separación de Checoslovaquia, e algúns deles puideron operar brevemente cos estados sucesores.

Forza Aérea de Exipto. 70 operados a partir de 1955. A meirande parte deles eran de fabricación soviética, pero polo menos un Il-14P fabricado en Alemaña Oriental foi entregado en 1957. Varios resultaron destruídos en combates contra Israel, pero 26 aínda estaban operativos en 1979. A adquisición de avións occidentais a partir de entón levou á retirada do Il-14 en 1994.

Forza Aérea de Etiopía. 2 mercados en 1965, permanecendo un deles aínda en servizo e 1979 e sendo finalmente retirado e 1994.

4 estaban en servizo en 1979.

Forza Aérea de Hungría. Dous Il-14Ps estiveron en servizo entre 1959 e 1976.

Forza Aérea da India. 26 entregados a partir de 1955 pero xa estaban retirados en 1979.

dereita|miniatura|Ilyushin Il-14 da Forza Aérea de Indonesia

Forza Aérea de Indonesia. 22 entregados a partir de 1957 e retirados en 1975.

Forza Aérea de Iraq. 13 Il-14M foron entregados en 1958, con 3 permanecendo en servizo en 1979. O derradeiro foi retirado despois da primeira guerra do Golfo.

Forza Aérea do Iemen. 1 herdado de Iemen do Norte en 1990, servindo brevemente antes de ser retirado. 20px Iemen do Norte Forza Aérea do Iemen do Norte. 6 ou máis foron entregados dende 1958, cun único exemplar voando en 1979. Este pasou a operar co Iemen unificado. 20px Iemen do Sur Forza Aérea do Iemen do Sur. 4 entregados dende 1966 e servindo ata 1988.

Forza Aérea de Iugoslavia. Un Il-14P foi presentado polo primeiro ministro soviético Nikita Khrushchev ao primeiro ministro Josip Broz Tito en 1956. Outros seis foron entregados á forza aérea por Yugoslav Airlines en 1963 e foron usado ata 1974. O presentado a Tito atópase no Museo Aeronáutico de Belgrado.

2

Forza Aérea de Mongolia. 7 entregados a partir de 1956, con 6 en servizo ata 1974.SIPRI

dereita|miniatura|VEB Il-14S da Forza Aérea de Polonia no Museo Polaco de Aviación en Kraków

Forza Aérea de Polonia. 12 ou máis serviron a partir de 1955, incluídos Il-14P, Il-14S, e Il-14T de fabricación soviética, así como Il-14P e Il-14T fabricado en Alemaña Oriental. Estes avións estiveron en servizo ata os anos 80.

Forza Aérea do Congo. 5 foron entregados dende 1960 e estiveron en servizo ata 1997. Todos eles aínda operaban en 1979. 20px República Khmer

Forza Aérea da República Khmer

Forza Aérea de Romanía. 33 foron entregados a partir de 1955, incluídos 30 Il-14P fabricados en Alemaña Oriental e 3 Il-14M entregados en 1961. Só 4 estaban en servizo en 1979. O último Il-14M retirouse en 1983 e cara 1993 xa non quedaba ningún Il-14P en servizo.

Forza Aérea de Siria. 16 entregados dende 1957, con 8 en servizo en 1979. Os últimos exemplares estiveron en servizo ata 1998.

dereita|miniatura|Ilyushin Il-14 on display at Vietnam Military History Museum

Forza Aérea Soviética e Aviación Naval Soviética. Operando dende 1954, 235 avións estaban en servizo en 1979.Chris Chant, The World's Air Forces, 1979, .

Forza Aérea do Vietnam. 45 entregados a partir de 1958, con 12 aínda en servizo en 1979. Ningún deles quedaba en servizo en 1998.

Operadores civís

Balkan Bulgarian Airlines TABSO

CAAC Shanxi Airlines Wuhan Airlines Zhongyuan Airlines

Aerocaribbean Cubana - un exemplar está exposto no Museo do Aire de Cuba.

CSA Czechoslovak Airlines Goberno de Checoslovaquia

dereita|miniatura|1961 photograph of an Ilyushin Il-14 operated by East-German airline Interflug

Deutsche Lufthansa Interflug

Malév - 10 foron operados no país a partir de 1956, dous deles polo goberno e oito por Malév Hungarian Airlines. Os primeiros tres avións da aeroliña fabricáronse na Unión Soviética, sendo os cinco Il-14P restantes producidos en Alemaña Oriental. Os avións de Malév estiveron operativos ata 1970 e os dous do goberno retiráronse en 1978. Todos os Il-14 húngaros foron vendidos á Unión Soviética para ser usados no Ártico, sendo retirado o último deles en decembro de 1990.

Air Mali

MIAT Mongolian Airlines - UVS-MNR Air Mongol

Air Koryo

Polskie Linie Lotnicze LOT - operou 20 avións entre 1955 e 1974. Unha aeronave utilizouse para a calibración de aeronaves durante a década de 1980.

TAROM

Aeroflot

Departamento de Aviación Civil de Vietnam - posteriormente como Vietnam Civil Aviation (agora Vietnam Airlines)

Yemen Airlines

JAT - a aeroliña mercou seis Il-14M en 1957. Foron retirado en 1963 debido a que non eran tan rendibles como os Convair CV-440 usados por JAT nesa época. Foi entregados ña Forza Aérea de Iugoslavia tras a compra do Sud Aviation Caravelle e serían usados ata 1974.

dereita|miniatura|Polish Air Force Ilyushin Il-14

Notas

Categoría:Aeronaves de Ilyushin Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1950