Cris Williamson, nada en 1947 en Deadwood, Dacota do Sur, é unha cantautora e activista estadounidense.

Traxectoria Williamson empezou a interesarse pola música logo de escoitar á cantante Judy Collins. Publicou o seu primeiro álbum de estudio en 1964, titulado The Artistry of Cris Williamson. A partir dese momento lanzou unha gran cantidade de álbums de estudio e sinxelos. A través da súa música realizou activismo político e feminismo, e foi unha peza clave no xurdimento do movemento denominado "women's music" (música das mulleres). Usando os seus talentos musicais e formando equipo con outras activistas e defensoras do movemento lésbico, Williamson é admirada na comunidade LGBT polas súas achegas artísticas e políticas, e segue sendo un modelo para as futuras xeracións de feministas e activistas.

Williamson sostivo unha relación coa tamén cantautora Tret Fure, coa que gravou dous álbums. Devandita relación rematou no ano 2000.Kort, Michelle (2007) 2000 The Advocate "The Changer and the Changed"

Discografía 1964 The Artistry of Cris Williamson 1965 A Step at a Time 1965 The World Around Cris Williamson 1971 Cris Williamson 1975 The Changer and the Changed: A Record of the Times 1978 Live Dream 1980 Strange Paradise 1982 Blue Rider 1982 Lumière 1983 Meg/Cris at Carnegie Hall 1985 Prairie Fire 1985 Snow Angel 1987 Wolf Moon 1989 Country Blessed 1990 The Best of Cris Williamson 1991 Live in Concert: Circle of Friends 1994 Postcards from Paradise 1997 Between the Covers 1999 Radio Quiet 2001 Ashes 2003 Cris & Holly 2003 Replay 2005 The Essential Cris Williamson 2005 Real Deal 2005 The Changer and the Changed: A Record of the Times [30th *Anniversary Enhanced] 2007 Fringe 2008 Winter Hearts 2010 "Gifthorse" 2013 "Pray Tell"

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Dacota do Sur Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Artistas feministas Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América