Brays Fernández Vidal, nado nas Palmas de Gran Canaria o 30 de setembro de 1988, é un actor galego máis coñecido como Brays Efe, que acadou sona polo seu papel na serie web Paquita Salas.

Traxectoria miniatura|Brays Efe nos Premios Goya 2018. Naceu nas Palmas de Gran Canaria, aínda que se criou nunha granxa en Vilariño (Nigrán). Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e traballou como xornalista, axudante de casting e locutor de radio. Asemade, escribiu e dirixiu tres curtametraxes e dúas obras para microteatro.

Como actor, tivo o seu primeiro papel protagonista no filme Cómo sobrevivir a una despedida, dirixido por Manuela Burló Moreno, e onde compartiu cartel con Natalia de Molina, María Hervás, Úrsula Corberó e Celia de Molina. Pouco despois acadou popularidade encarnando a Paquita Salas na serie web Paquita Salas, que lle valeu o premio Feroz ó mellor actor protagonista dunha serie en 2017. Representou esa personaxe durante as tres tempadas da serie e tamén na gala dos Premios Goya 2018, onde realizou un monólogo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Actores de televisión de Galicia