Bernice Johnson Reagon, nada en Dougherty County, Xeorxia, o 4 de outubro de 1942 e finada en Washington, D.C., o 16 de xullo de 2024, foi unha cantante, compositora e activista estadounidense.

Traxectoria Bernice foi membro fundadora do cuarteto The Freedom Singers. En 1973 fundou o conxunto a capela Sweet Honey in the Rock, con base en Washington, D.C.

Formou parte do "Movemento de Albany", unha coalición de desegregación iniciada na cidade de Albany. Reagon dedicou a súa vida á xustiza social a través da súa música e do activismo, buscando defender os dereitos civís das comunidades afroamericanas no seu país.

Obtivo un doutoramento na Universidade de Howard e é membro emérito da Facultade de Historia da Universidade Americana en Washington. Tamén recibiu un doutoramento honorario de música do Berklee College of Music.

Vida persoal En 1963 casou con Cordell Reagon, outro membro de The Freedom Singers.Hopkinson, Natalie . Crisis, The. Sep/Oct 2003 A súa filla Toshi Reagon é tamén cantante e compositora.

Reagon manifestou que "Os desafíos da vida non deben paralizarte, supostamente están aí para axudarche a atoparte contigo mesmo. A poboación negra creou o seu propio mundo. Os afroamericanos deben usar todo o seu territorio a disposición. E ese territorio non se representa en área, senón en cultura."

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Dougherty, Xeorxia