Luciana Paula Aymar, nada en Rosario o 10 de agosto de 1977 é unha ex xogadora arxentina de hóckey sobre herba.
É a única xogadora da historia que recibiu oito veces o premio da FIH á mellor xogadora do ano, e está considerada a mellor xogadora de hóckey de todos os tempos.
Aymar é coñecida pola súa capacidade de superar as rivais empregando mediante cambios e releos. Por este motivo recibiu os alcumes de "La Maga" ("A maga") e "A Maradona do hóckey sobre herba". Foi a abandeirada da Arxentina nos Xogos Olímpicos de 2012, sendo a segunda xogadora deste deporte que o fai, despois de Marcelo Garraffo.
Traxectoria Aymar comezou a xogar aos sete anos no Club Atlético Fisherton de Rosario. Seis anos despois cambiouse ao Jockey Club de Rosario. Gradualmente comezou a adestrar coa selección nacional júnior, para o que viaxaba todos os días a Buenos Aires. Na súa carreira internacional xogou no Rot Weiss Köln de Alemaña e no Real Club de Polo de España. No seu país, xogou no Quilmes Atlético Club e no GEBA, co que gañou a Liga Nacional e o Torneo Metropolitano. En 1997 formou parte da selección júnior da Arxentina que gañou o campionato júnior dos Xogos Panamericanos e a medalla de bronce na Copa do Mundo de Hóckey júnior. O ano seguinte debutou coa selección absoluta, acabando cuartas na Copa do Mundo.
Aymar pertence á xeración de xogadoras arxentinas que gañou varios torneos internacionais a partir dos Xogos Panamericanos de 1999, incluíndo catro medallas olímpicas e seis Trofeos de Campioas. Foi membro dos equipos que gañaron as Copas do Mundo de 2002 e 2010, a última delas na súa cidade natal de Rosario.
En 2008 foi declarada "Lenda do Hóckey" pola International Hockey Federation.
Xogou o seu último partido internacional coa Arxentina o 7 de decembro de 2014 en Mendoza, onde gañou o seu sexto Trofeo de Campioas.
Clubs ClubPaísAnosRot-Weiss Köln1998Real Club de Polo1999Quilmes2000 - 2007Gimnasia y Esgrima2007 - 2011
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados en 1977 Categoría:Xogadores de hóckey herba olímpicos da Arxentina Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey herba Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012