Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel (provincia de Valencia) o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.
Traxectoria É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade San Pablo CEU de Valencia e ten un mestrado en Deseño Gráfico e Ilustración Editorial polo Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Tamén é membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España. Iniciou a súa traxectoria profesional en radio e medios escritos da súa terra natal, como as emisoras Radio 5 de RNE en Utiel e Radio Buñol, ou os xornais Valencia 7 días e Las Provincias.
O seu salto á televisión produciuse en 1997, ano no que se incorporou á cadea de televisión autonómica Canal 9, na que presentou e editou o Informatiu Metropolità e o Informatiu de última hora.
Comezou a traballar en Telecinco en 2000, presentando e editando o espazo de emisión autonómica da cadea para a Comunidade Valenciana. Un ano despois deu o salto á emisión a nivel estatal ó converterse nun dos rostros do noticiario Informativos Telecinco, nos que permaneceu cinco anos presentando distintas edicións.
En 2005 deu un xiro á súa carreira profesional, até o momento sempre vencellada ós espazos informativos, e incorporouse ó equipo de presentadores de El programa de Ana Rosa, un magacín conducido pola xornalista Ana Rosa Quintana e moi centrado en asuntos de crónica social. Mantívose no espazo durante dez anos, até setembro de 2015.
Polémica política O 6 de xuño de 2018 comunicouse o seu nomeamento como ministro de Cultura e Deporte de España no Goberno de Pedro Sánchez. Presentou a súa dimisión como ministro seis días máis tarde, tras coñecerse que eludiu o pago a Facenda de 218 322 euros empregando unha sociedade para tributar por sociedades e non por IRPF, ademais de cargar a esta outros gastos non relacionados coa actividade. Estes gastos inxustificados alcanzan a cantidade de 310 150,15 euros, os cales inclúen gastos derivados dunha segunda vivenda privada na praia. O total reclamado por Facenda ó ministro en concepto de cota defraudada, intereses e multas elevouse a 365.939,85 euros.
É membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España.
Obra
Novelas Que sea la última vez... (2009) El susurro de la caracola (2011) Una tienda en París (2012) La noche soñada (2014) No me dejes (Ne me quitte pas) (2015) La parte escondida del iceberg (2017) Firmamento (2018)
Relatos El escritor (2015), ilustrado por Javier Jubera Partir de cero (2017), ilustrado por Carlos Salgado
Literatura infantil Elsa y el mar (2016), ilustrado por María Cabañas
Libros de viaxes Mi lugar en el mundo eres tu (2016)
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Utiel Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xornalistas radiofónicos de España