Bulgarian Air Charter é unha aeroliña chárter búlgara con sede en Sofía e baseada no aeroporto de Sofía. Opera voos para varios turoperadores cara a destinos principalmente en Austria, República Checa, Alemaña, Israel e Polonia.

Historia Bulgarian Air Charter fundouse no ano 200 e comezou a operar o 14 de decembro dese ano como subsidiaria do Aviation Service Group. A súa frota inicial estaba formada por cinco avións Tupolev Tu-154.

No ano 2004 a compañía retirou os Tu-154 e os substituíu por sete McDonnell Douglas MD-80. En 2011 a súa frota medrara ata os 12 MD-80. En setembro de 2015 Bulgarian Air Charter incorporou o primeiro Airbus A320-200 á súa frota.

A aeroliña ten a súa propia unidade de mantemento con capacidade para avións McDonnell Douglas MD-80 e Boeing 737 Classic, e onde pode realizar traballos coas fuselaxes, motores e trens de aterraxe, ademais de poder facer revisións de todos os compoñentes dos aparellos.

Frota En maio de 2018 a frota de Bulgarian Air Charter estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Bulgarian Air Charter Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros NotasAirbus A320-2007—174McDonnell Douglas MD-8210—164Van ser retirados e substituídos por avións da familia A320Total17—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Bulgaria