Christina Marie Hoff Sommers, nada en Petaluma, California, o 28 de setembro de 1950, é unha autora e filósofa estadounidense especializada en ética e traballadora residente do American Enterprise Institute, un laboratorio de ideas conservador estadounidense. Sommers é coñecida pola súa crítica do feminismo contemporáneo. O seu traballo inclúe os libros Who Stole Feminism? (Quen roubou o feminismo?) e The War Against Boys (A guerra contra os mozos), onde critica o feminismo contemporáneo. Tamén presenta o videoblog Factual Feminist (Feminista baseada nos feitos).
As posicións e a escritura de Sommer foron caracterizadas pola Stanford Encyclopedia of Philosophy como "feminismo de equidade", unha perspectiva feminista libertaria que suxire que o rol político principal do feminismo é asegurar que o dereito contra a interferencia coercitiva non sexa violado.
Escolma de obras Libros 1994, Who Stole Feminism?: How Women Have Betrayed Women . 2000, The War Against Boys. . 2006 (with Sally Satel, M.D.), One Nation Under Therapy. . 2009 The Science on Women in Science. . 2013 Freedom Feminism: Its Surprising History and Why It Matters Today (Values and Capitalism). .
Artigos 1988, "Should the Academy Support Academic Feminism?" Public Affairs Quarterly 2 (1988): 97-120. 1990, "The Feminist Revelation" Social Philosophy and Policy 8, no. 1 (1990): 152-57. 1990, "Do These feminists Like Women?," Journal of Social Philosophy 21, 2 (Fall 1990): 66-74
Traballos 1984, Vice & Virtue in Everyday Life: Introductory Readings in Ethics. Coeditado con Robert J. Fogelin na segunda e terceira edición, e con Fred Sommers na cuarta e seguintes. . 1986, Right and Wrong: Basic Readings in Ethics. Coeditado con Robert J. Fogelin. .
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no condado de Sonoma, California Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América