Ignacio Monreal Eraso, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1986, coñecido como Nacho Monreal, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Arsenal da Premier League de Inglaterra.

É internacional absoluto coa desde 2009, coa que disputou a Copa Confederacións de 2013.

Traxectoria Formouse na canteira do C. A. Osasuna. Ziganda -que xa fora o seu adestrador en xuvenís e Osasuna B- fíxoo debutar no primeiro equipo nun partido de Liga de Campións ante o Hamburgo, disputado o 9 de agosto de 2006. Tras unha primeira tempada de adaptación, converteuse en indiscutible nas aliñacións para as seguintes campañas e nun dos mellores laterais esquerdos nacionais, chegando a debutar coa selección española en 2009. Co club navarro disputou 144 partidos, marcando tres goles en Primeira División a Levante, Xerez e Hércules.

De cara á tempada 2011-12, Osasuna decidiu aceptar a oferta de seis millóns de euros procedente do Málaga CF. O xogador tiña contrato até 2014 cunha cláusula de doce millóns de euros negociable, a condición de que o equipo interesado non fose o Athletic Club. No club malacitano continuou como titular e volveu disputar a liga de Campións. O 27 de xaneiro de 2013, no seu último partido co club malacitano, marcou na vitoria ante o Mallorca (2-3).

O 31 de xaneiro, nas últimas horas antes de que se pechase o mercado invernal, o xogador chegou a un acordo para asinar polo Arsenal, por 10 millóns de euros máis unha cantidade variable en obxectivos. O 16 de marzo anotou o seu primeiro tanto en Premier League, ante o Swansea City. Na súa primeira tempada completa no club inglés logrou a FA Cup 2013-14, aínda que foi suplente habitual de Kieran Gibbs. Na tempada 2014-15 inverteu a situación e consolidouse como titular no equipo londiniense. Nesa campaña logrou a súa segunda FA Cup, competición na que anotou un gol ante o Manchester United, e a Community Shield. Na seguinte campaña a súa situación mellorou aínda máis e foi titular en 44 ocasións, conquistando a súa segunda Community Shield. Na tempada 2016-17 continuou, por terceira tempada consecutiva, como titular. No partido de semifinais da FA Cup ante o Manchester City marcou o gol que forzou a prórroga e permitiu eliminar ao club de Pep Guardiola. O 27 de maio logrou a súa terceira FA Cup ao vencer ao Chelsea (2-1). Comezou a tempada 2017-18 conquistando a súa terceira Community Shield, anotando un dos goles da quenda de penaltis ante o Chelsea. Na súa sexta campaña no club inglés destapouse como goleador ao anotar seis goles, un deles ante o Östersunds en Liga Europa.

Selección nacional O 6 de agosto de 2009 foi convocado por primeira vez coa selección española para un partido amigable contra Macedonia. Debutou o 12 de agosto de 2009, substituíndo a Capdevila, no partido que España gañou 2-3 a Macedonia despois de remontar un 2-0 adverso. Logrou ser titular no seu segundo partido, fronte á selección de Armenia, correspondente á fase de clasificación para o Mundial 2010. O primeiro torneo oficial ao que acudiu foi a Copa Confederacións 2013

En outubro de 2016, tras case tres anos de ausencia, regresou nunha convocatoria da man de Julen Lopetegui pola lesión de Jordi Alba nun partido ante Albania de clasificación para o Mundial 2018. O 12 de novembro marcou o primeiro gol nun partido de clasificación ante Macedonia.

O 21 de maio de 2018 foi incluído na lista de 23 xogadores que acudiría ao Mundial de Rusia de 2018, despois de non ser convocado nas dúas últimas convocatorias.

Palmarés

Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoFA CupArsenal F.C.borda|20x20px 2014Community ShieldArsenal F.C.borda|20x20px 2014FA CupArsenal F.C.borda|20x20px 2015Community ShieldArsenal F.C.borda|20x20px 2015FA CupArsenal FCborda|20x20px 2017Community ShieldArsenal F.C.borda|20x20px 2017

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España