Lilia Alexandrivna Podkopaieva (en ucraíno Лілія Олександрівна Подкопаєва; en ruso: Лилия Александровна Подкопаева), nada en Donetsk o 15 de agosto de 1978 é unha ex-ximnasia ucraína, campioa olímpica en 1996. É coñecida como a ximnasta completa por posuír movementos técnicos e de expresión artística fundidos. Así, as súas rutinas contiñan coreografía expresiva, ballet, postura e execucións limpas e competencias de dificultade elevada. Posuía unha gran proba do concurso xeral e deu nome a movementos da Federación Internacional de Ximnasia como o salto Podkopaieva, que se realiza no chan.
Traxectoria Podkopaieva comezou na ximnasia incentivada pola súa avoa. De nena chegou a adestrar co equipo da Unión Soviética, con Leonid Arkaev. Xa na Ucraína independente comezou a practicar no National Training Center de Kíiv, con Ludmilla Tourischeva, campioa olímpica e mundial. Os seus maiores resultados chegaron entre 1994 e 1996, nas disputas olímpicas e mundiais. Podkopaieva é tripla medallista olímpica, con dúas de ouro e unha de prata en Atlanta e catro veces medallista en mundiais, na edición de Sabae.
Trala súa retirada casou co empresario ucraíno Timofei Nagorni. co que adoptou Teñen un fillo, Vasim (adoptado) e unha filla, Karolina. Dende entón, continúa relacionada coa ximnasia: é a embaixadora ucraína do Consello Europeo Deportivo, foi xuíza da modalidade en 2004 e técnica no seu país e nos Estados Unidos. En Ucraína fundou o Golden Lily Tournament en 2002, cunha cerimonia ximnástica de gala.
Principais resultados AnoEventoIndividual xeral (All-Around)Equipo25px|Salto sobre o cabalo25px|Poldro25px|Barras asimétricas25px|Chan1993Copa de Europa17px17px1994Copa América5ºCampionato de Europa17px17px17px17pxCampionato Mundial de Ximnasia Artística17pxCampionato Mundial de Ximnasia Artística - Equipo5.ºXogos da Amizade17px17px17px1995Grand Prix17px17pxCopa de Europa17px17px17px17pxCampionato Mundial de Ximnasia Artística17px17px17px17px1996Campionato de Europa17px17px17pxGrand Prix17pxXogos Olímpicos17px17px17px1997European Gymnastics Masters17px
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Federación Internacional de Ximnasia International Gymnastics Legends: Lilia Podkopayeva Lista de resultados - Gymn Forum
Categoría:Nados na rexión de Donetsk Categoría:Nados en 1978 Categoría:Ximnastas olímpicos de Ucraína Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Ucraína Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Ucraína