La Democracia de Pontevedra foi un periódico editado en Pontevedra entre 1868 e 1869.

Historia e características Apareceu o 20 de outubro de 1868. Periódico trisemanal, publicábase os martes, xoves e domingos. A partir do número 14, do 19 de novembro de 1868, a publicación aparece co subtítulo ¡Viva la República Federal!. Mantivo polémicas con La Voz del Pueblo. O último número conservado é o 38, correspondente ao 17 de xaneiro de 1869. Foi continuado por La Democracia e despois por La Democracia Republicana.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1868 en Galicia

Categoría:Prensa republicana